Libros y álbumes ilustrados
Filtrar
PecharEstrela e Max andan nos colectores do lixo na procura de roupa e comida. Para os demais nenos do barrio non son Estrela e Max, senón Inmundicia e Roñoso, dada a sucidade que acumulan. Unha tarde, os nenos do barrio empúrranos dentro dun colector e atrancan a porta.
Maíto é un neno xitano. O seu pai, Panduro, está na cadea e é analfabeto.
Mima vive con Robot nunha cabana da ribeira do río. A súa vida é moi tranquila ata que chega o día do seu noveno aniversario. Á mañá seguinte emprenderá unha viaxe en barco, río arriba, con Robot, o tío Onofrio e Boliña, o seu can.
A avoa de Bea marcha vivir a unha residencia. A nena decide visitala diariamente e regalarlle os oídos cos relatos que escribe. No asilo fai amizade con outros anciáns e comproba que, ás veces, as evidencias enganan.
Rosalía de Castro (1837-1885) é a figura máis insigne das nosas letras. Iniciou o chamado Primeiro Renacemento galego e deulle prestixio á nosa lingua cando se percibía como un dialecto.
A tartaruga Pepa é deses seres dispostos sempre a axudar aos demais. Unha tarde, un ratiño mancado, e tamén algo lacazán, pídelle que o transporte sobre a cuncha. Ao día seguinte, outros bichiños da selva aproveitan a boa vontade de Pepa e utilízana como autobús.
Perdido nunha casa de cidade, o avó sempre está a contar contos e a dicir adiviñas. Mais parece que ninguén o quere escoitar. Só Antía sabe soñar con eses contos e adiviñas que lle axudan a voar no seu cabalo de cartón.
Estamos en Bagdad, a cidade atravesada polo Tigris, a que aparece nos contos d’As mil e unhanoites, a que hoxe resiste baixo as bombas, entre o fogo cruzado. A xente vive esculcando o ceo, as escolas pecharon e os cativos xa non xogan na rúa.
Rebumbio de Arriba é unha vila de montaña onde nunca pasa nada. Porén, todo o mundo fala ultimamente da chegada dun médico árabe, que acaba de instalarse alí coa súa familia. Un día, sen saber de onde, aparece un lobo que ataca os rapaces na escola e atemoriza a poboación toda.
A Mariña encántalle o fútbol, e é tan boa co balón que semella que fai maxia cos pés. Pero os rapaces non llo poñen doado e impídenlle xogar no campo de fútbol do patio.
No mundo fantástico dos Nubelos só os vellos Grislás conservan a memoria das lendas. Unha desas lendas garda as enigmáticas claves coas que Nubelo de La poderá coñecer a verdadeira historia do seu pai, a quen todos lle chaman o Pintamonas.
Como conseguiu a súa luz o vagalume? Por que a cebra ten raias? ¿Cal é a razón de que voe o peixe voador? En que momento empezou o can a enterrar os ósos? Como se orixinou a crista do galo? De que maneira logrou o caracol a súa casa?