Libro y álbum ilustrado infantil
Filtrar
PecharChove a caldeiros e semella que a tarde vai ser moi aburrida. Cada habitante da fraga pasa o día dun xeito diferente. Porque unha tarde gris pode ser estupenda.
Que alguén fale é cousa común. Que o faga unha ra, é cousa rara. A protagonista deste relato fala polos cóbados (ou mellor sería dicir que fala polas ancas).
Chegou a primavera. Leo está moi contento e convence a Filipo de pasaren un tranquilo día de pícnic. Pero o paseo non será, nin moito menos, como esperaban.
Uxío é un rapaz espelido pero algo problemático. Mentres os seus paise irmáns marchan de vacacións a un parque temático, el asiste contrariado a un campamento nunha illa onde os participantes teñen vedado o uso do móbil e deben alimentarse do que colleitan.
Espertaches pola mañá e o teu gato non está durmindo no seu recuncho preferido ou afiando as unllas no sofá? A túa tartaruga marchou de excursión sen deixarche unha nota na neveira? Botas en falta as sesións de natación sincronizada do teu peixe? Non te preocupes.
Adur BETI zegoen kezkatuta. Kezka eragiten zioten lagunik gabeko galtzerdiek, katagorri gaiztoek, askatutako lokarriek… Baina kezkarik handiena HAIZEAK eragiten zion.Adurrek Maia ezagutu zuen, eta lagunak egin ziren. Maiak ez zion beldurra EZERI.
Un simple pasiño abonda para mudar por completo unha situación. Nun peirao dás un paso e caes ao mar; neste libro de poemas, pasas a primeira folla e atravesas a outro mundo.