Configurador de lecturas
Filtrar
PecharChegou a primavera. Leo está moi contento e convence a Filipo de pasaren un tranquilo día de pícnic. Pero o paseo non será, nin moito menos, como esperaban.
Uxío é un rapaz espelido pero algo problemático. Mentres os seus paise irmáns marchan de vacacións a un parque temático, el asiste contrariado a un campamento nunha illa onde os participantes teñen vedado o uso do móbil e deben alimentarse do que colleitan.
Álex, un mozo compostelán, escoita no telexornal que uns lobos atacaron uns cabalos en Valdelobos, aldea da Costa da Morte. Por mediación do pai vai pasar uns días a ese lugar.
Espertaches pola mañá e o teu gato non está durmindo no seu recuncho preferido ou afiando as unllas no sofá? A túa tartaruga marchou de excursión sen deixarche unha nota na neveira? Botas en falta as sesións de natación sincronizada do teu peixe? Non te preocupes.
Unha forma de brincar coa poesía é apertala en poucos versos, xustiños e medidos, como se nunha parede de papel encaixásemos unha xanela, con forma de soneto, por exemplo, para dende ela mirarmos o
Coello anda desacougado. Ten unha ansia grande coma un mundo. Un malestar moi insistente que vai detrás del a todos os sitios e non o deixa pensar en máis nada. Velaí que decida chamar os seus amigos, pero disque todos están moi atarefados.
Un libro con lapelas que cambian a ilustración e con simpáticos personaxes que lles aprenden aos máis pequenos a adquirir rutinas diarias.
Descubre esta divertida colección para aprender hábitos básicos.
Adur BETI zegoen kezkatuta. Kezka eragiten zioten lagunik gabeko galtzerdiek, katagorri gaiztoek, askatutako lokarriek… Baina kezkarik handiena HAIZEAK eragiten zion.Adurrek Maia ezagutu zuen, eta lagunak egin ziren. Maiak ez zion beldurra EZERI.
Quen nada baixo os icebergs? Quen oulea nas pólas dos bidueiros? Quen fai tremer o chan coas súas pisadas? Quen axexa dende as alturas a nevada tundra? Quen se agocha detrás dos argazos? E quen xoga cos cabaliños de mar?
As parellas de animais deste libro poden parecer diferentes, pero comparten detalles que os achegan: longos pescozos, cores semellantes, viven no mesmo espazo, fan as mesmas cousas ou teñen o mesmo
Un simple pasiño abonda para mudar por completo unha situación. Nun peirao dás un paso e caes ao mar; neste libro de poemas, pasas a primeira folla e atravesas a outro mundo.