Libros y cuentos infantiles
Filtrar
CerrarA tartaruga Pepa é deses seres dispostos sempre a axudar aos demais. Unha tarde, un ratiño mancado, e tamén algo lacazán, pídelle que o transporte sobre a cuncha. Ao día seguinte, outros bichiños da selva aproveitan a boa vontade de Pepa e utilízana como autobús.
Perdido nunha casa de cidade, o avó sempre está a contar contos e a dicir adiviñas. Mais parece que ninguén o quere escoitar. Só Antía sabe soñar con eses contos e adiviñas que lle axudan a voar no seu cabalo de cartón.
O capitán Maimiño, xefe dos exércitos do rei Pousafoles V, está desesperado. O seu fillo Belleco non quere ser guerreiro coma el, e a súa filla Chinchanamoca prefire enredar polo bosque que ser unha doncela casadeira.
No mundo fantástico dos Nubelos só os vellos Grislás conservan a memoria das lendas. Unha desas lendas garda as enigmáticas claves coas que Nubelo de La poderá coñecer a verdadeira historia do seu pai, a quen todos lle chaman o Pintamonas.
Como conseguiu a súa luz o vagalume? Por que a cebra ten raias? ¿Cal é a razón de que voe o peixe voador? En que momento empezou o can a enterrar os ósos? Como se orixinou a crista do galo? De que maneira logrou o caracol a súa casa?
Suíza, 1976. Terror no val! Un gatominable monstro das neves atemoriza a aldea de Appenzell. Na compaña da súa amiga a ratiña Magali, Gatlock non dubida en emprender a busca desa misteriosa criatura…
Hoxe Iago vai visitar o museo dos dinosauros cos seus pais. Quere sabelo todo sobre eses animais! Logo van á súa casa os seus amigos Uxía e Alí e xogan a seren auténticos dinosauros. Grrr!
A Uxía gústalle contar os dedos da man, os animais que ve no xardín, as caixas de galletas do supermercado... e buscar formas por todas as partes: círculos, cadrados, triángulos...
A quen non lle gustaría voar? Pois Sansón Lamparte, o protagonista desta historia, sabe facelo ás mil marabillas. Algo bastante normal, diredes vós, se naces nun circo,a túa nai é trapecista e o teu pai un deses arrichados artistas aos que lle chaman homes-bala.
Horra, horra, gure Olentzero!
Eta horra, Napo, bere asto kutuna. Gabon gau magikoa iritsita, hainbat gertakari biziko dituzte biek. Ipuinen herrialdean hasiko dira, eta Euskal Herrian amaitu.
Bidaia horretan, ipuinetako pertsonaia ezagunak izango dituzte lagun.
La Malanada ha de seguir superant proves si vol arribar a ser una autèntica fada protectora. Les coses, però, es compliquen quan descobreix que hi ha més éssers màgics a l’escola. El perill és més a prop del que sembla...